Para facer fronte aos retos actuais que expoñen os DPI é necesario desenvolver formulacións inhaladas innovadoras. Lograr unha maior eficacia da formulación esixe o uso de tecnoloxías avanzadas e o deseño de soportes adecuados. Ademais, unha consideración crave é o desenvolvemento de novos inhaladores que contribúan activamente a minimizar o impacto ambiental.
Nesta tese doutoral estudouse o potencial dos aerogeles, recoñecidos como os materiais máis lixeiros do mundo pola súa elevada porosidade e superficie, xunto con enfoques respectuosos co medio ambiente, para a administración pulmonar de fármacos. O obxectivo desta investigación é contribuír a superar os retos existentes na administración pulmonar de fármacos aproveitando as propiedades únicas dos aerogeles e adoptando prácticas sostibles no desenvolvemento farmacéutico