Onte a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou o acto de entrega do Premio “Francisco Guitián Ojea”, o cal recaeu no equipo dirixido por Carlos García, do grupo I+D Farma e en colaboración con iARCUS (Instituto do Medio Acuático para unha Saúde Global) e CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) dá Universidade de Santiago”.
Este premio recoñece un traballo de investigación con claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. O galardón destaca unha innovación baseada en aerogeles para aplicacións biomédicas, como implantes óseos, administración pulmonar de fármacos e tratamento de feridas. Un dos logros máis relevantes do proxecto foi conseguir a produción destes materiais en condicións de esterilidade, un reto considerable dada a súa complexa nanoestructura.
A tecnoloxía, xa patentada, caracterízase polo seu carácter único e sostible. Actualmente atópase en fase de valorización tecnolóxica en colaboración con empresas galegas. Desenvolvida na Universidade de Santiago de Compostela, esta solución promete unha alternativa industrial viable, capaz de reducir tempos de produción e custos, e cun gran potencial de impacto no ámbito biomédico.
