Ana Iglesias-Mejuto, estudante de doutoramento de I+D Farma (USC), foi premiada coa mellor presentación de póster na 3rdInternational Conference on Aerogels for Biomedical and Environmental applications, celebrada en Maribor (Eslovenia) do 5 ao 7 de xullo de 2023 polo traballo titulado “3D-printed and vancomycin loaded aerogels scaffolds for advanced bone tissue engineering”. Este traballo desenvolveuse en colaboración co Tecnolóxico de Costa Rica.
Neste traballo fabricáronse aeroxeles esterilizados e de dobre porosidade cun rendemento biolóxico sobresaliente mediante unha estratexia de procesamento dual que combina impresión 3D e secado con scCO2, descrita por primeira vez no artigo“3D-printed alginate-hydroxyapatite aerogel scaffolds for bone tissue engineering”publicado en Material Science and Engineering:C (https://doi.org/10.1016/j.msec.2021.112525)
3D-printing technology allows the automated and reproducible manufacturing of functional structures for tissue engineering with customized geometries …
doi.org
|
Ademais, levou a cabo a incorporación dun fármaco de uso común en patoloxía ósea con resultados prometedores en canto á inhibición do crecemento de Staphylococcus aureus, o principal patóxeno das infeccións óseas. Levou a cabo unha ampla avaliación textural, biolóxica e farmacolóxica en relación coa enxeñería de tecidos óseos.