A conferencia inaugural do XVII Congreso SEFIG “Traballando na precisión dos medicamentos” será impartida o día 22 por Carmen Alvarez Lorenzo e versará sobre “Medicamentos Bioinspirados”. O mesmo día 22 tamén participarán no Workshop TecPharInnova Patricia Díaz Rodríguez e Mariana Landín Pérez con contribucións sobre “Development of an innovative targeted therapy for osteoarthritis” e “Artificial Neural Networks in Drug Research and Development”, respectivamente.
O día 23 intervirán Carlos Illanes Bordomás coa comunicación oral “Deseño de aerogeles núcleo-cuberta mediante ferramentas de intelixencia artificial para cesión de fármacos”, Paola Carou Senra con “Implementación dunha impresora portátil para a medicina personalizada”, Bárbara Blanco Fernández con “Bioimpresión de modelos 3D de cancro de mama con tecidos descelularizados”, e Lara Touza Otero con “Formulacións a base de polifenoles para o tratamento de infeccións tópicas en veterinaria”. Alvaro Goyanes actuará como Chair da mesa “Innovation and regulation in medicine 3D printing technology”.
Na sesión de poster, presentarán as súas contribucións Luis Díaz Gómez, María Pita Vilar, Lucia Aboal Castro, Paola Carou Senra, Xela Rodríguez Maciñeiras, Helena Rouco Taboada e Ana Iglesias Mejuto
Mais información en https://sefig25tenerife.es/