A estudante de doutoramento María Carracedo Pérez e a doutora Clara López Iglesias, membros de I+D Farma, participaron durante os últimos meses no programa Santander X Explorer, organizado pola área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC en colaboración co Banco Santander. Devandito programa achega coñecementos en emprendemento e innovación a nivel internacional a través dunha serie de formacións en liña e presenciais.
O programa culminou co Demo Day o pasado 5 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, onde todos os participantes presentaron un pitch do seu traballo e contestaron as preguntas do xurado.
O proxecto de innovación de María e Clara, que propón unha solución tecnolóxica avanzada baseada en CO2 supercrítico para a esterilización e desinfección de produtos sanitarios e alimentarios, foi galardoado co primeiro premio por unanimidade do xurado. Devandito proxecto atópase ademais no acelerador de transferencia da USC e na fase de incubación da Business Factory Food.
