I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos

I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos

A tese doutoral de Lara Touza Otero recibe o Primeiro Premio ÍCARUS en Ciencias da Saúde
A tese doutoral de Lara Touza Otero, realizada no grupo I+DFarma da Facultade de Farmacia e o Instituto de Materiais (iMATUS) da Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o Primeiro Premio ÍCARUS a Teses Doutorais no ámbito das Ciencias da Saúde, un recoñecemento da USC á excelencia investigadora e ao potencial de transferencia dos resultados de investigación. A tese, titulada Harnessing Grampe Marc Polyphenols for Veterinary Health: Design and Evaluation of Pharmaceutical Formulations, foi dirixida polas profesoras Patricia Díaz Rodríguez e Mariana Landín Pérez. A investigación explora a valorización de subprodutos da industria vitivinícola mediante o aproveitamento dos polifenoles presentes no bagazo de uva para o deseño e avaliación de formulacións farmacéuticas innovadoras dirixidas a mellorar a saúde animal. O traballo integra sustentabilidade, economía circular e tecnoloxía farmacéutica para desenvolver novas alternativas terapéuticas con potencial aplicación en medicamento veterinario. O programa ÍCARUS distingue teses doutorais e traballos de fin de grao e máster cun elevado potencial de transferencia e aplicación práctica, poñendo en valor a capacidade da investigación universitaria para xerar impacto científico, tecnolóxico e social. Máis información sobre os premios en: https://www.usc.gal/es/servicios/area/valorizacion-transferencia-emprendimiento/usc-emprende/icarus