A cuarta edición do iMATUS Thesis Pitch 2025 celebrouse con éxito o pasado 30 de xuño no Salón de iMATUS. Nel participaron dez novos investigadores, entre os que se atopan os doutorandos do grupo I+D Farma Lucía Aboal, Carlos Illanes, María Blanco e Lara Touza, que presentaron os seus traballos nun formato conciso e divulgativo. Estas dúas últimas estudantes, xunto co doutorando Óscar Giner, resultaron gañadores do evento tratando temáticas que abordaban desde materiais avanzados para aplicacións biomédicas, ata solucións para enfermidades infecciosas e o uso de nanomateriales para vehículos eléctricos. Este evento subliña o compromiso do grupo coa investigación de vangarda e a súa transferencia á sociedade. Celebracións como esta son fundamentais para inspirar ás futuras xeracións de científicos e seguir impulsando o progreso.
