I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos

I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos

A doutoranda de I+DFarma Lucía Aboal Castro gaña o Primeiro Premio do Three Minute Thesis da EDIUS na modalidade de Ciencias da Saúde, nunha competida final celebrada onte 5 de xuño.

Este prestixioso concurso, nacido na Universidade de Queensland no 2008, desafía aos doutorandos para explicar a súa investigación en tan só tres minutos e coa axuda dunha única diapositiva, buscando fomentar as habilidades de comunicación científica e divulgación de coñecemento. O Pitch de Lucía Aboal destacou pola claridade expositiva e concisa do seu traballo e a súa capacidade de divulgación a un público non especializado.

Parabéns!

www.www.usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/4a-edicion-three-minute-thesis-3mtr usc.gal/gl/centro/escola-doutoramento-internacional-usc/4a-edicion-three-minute-thesis-3mtr

https://youtu.be/GYd4e-ONhag