I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos

I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos

I+D FARMA
I+D en formas de dosificación e sistemas de liberación de medicamentos
Previous slide
Next slide
PRESENTACIÓN

​Grupo recoñecido pola Xunta de Galicia como de referencia competitiva pola súa actividade de investigación. Para o desenvolvemento das súas actividades conta con ampla infraestrutura e financiamento procedente de convocatorias públicas competitivas nacionais e autonómicas e de contratos de desenvolvemento, prestación de servizos e asesoramento a industrias farmacéuticas e outras empresas privadas e a entidades públicas.

A producción científica nos últimos dez anos plásmase en máis dun centenar de publicacións, recollidas en revistas internacionais de alto nivel na especialidade, dez capítulos en libros de caracter monográfico e cinco patentes. No grupo formáronse numerosos doutores que se integraron con éxito no ámbito laboral, fundamentalmente na universidade e na industria farmacéutica. Actualmente están en curso catorce traballos de tese doutoral.

O grupo mantén colaboracións estables con grupos de investigación da Academia de Ciencias de Moscova, o Instituto de Polímeros de Bratislava, o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, a Universidade de Ghent, o Instituto de Ciencias Nucleares da UNAM de México, a Universidade de Bos Aires, a Universidade de Coimbra, a Universidade de Porto, a Universidade de Bradford e a Universidade de Matanzas, entre outros. Tamén, mantén convenios de intercambio de estudantes, encadrados no Programa Sócrates-Erasmus, con diversas universidades europeas.

NOVAS

#AxenciaGAIN participou no I Encontro de investigadores Ramón y Cajal da @UniversidadeUSC no @iMATUS_USC. Durante a intervención presentaronse as iniciativas da @Xunta para xerar oportunidades para persoal investigador que queira desenvolver a súa carreira científica en #Galicia

Intense days of @dfarmausc at PBP meeting Viena 2024 with two oral comunications by @PCarou_Senra and @calvarezlorenzo and seven posters @aggoyanes @MarianaZarour @ConcheiroNine
@LuciaRPombo
@FabRx_3DP @BasitResearch
Excellent science and networking
👇👏👏

3

Cargar más
+ 0
Publicacións
+ 0
Teses de doutoramento
+ 0
Proxectos
+ 0
Colaboracións